Xogamos a animar a ler

ISBN: 978-84-7043-9322
Editorial CCS
COLECCIÓN: MATERIAIS PARA EDUCADORES
PÁXINAS: 184
NÚMERO DA EDICIÓN: 4ª

A animación á lectura é unha das tarefas máis fascinantes que se poden realizar no mundo da educación.

Este libro quere ser un axuda para realizar creativamente este traballo. Aquí recóllense múltiples xogos e iniciativas que saberán agradecer cantos se dedican a espertar a imaxinación e o gusto pola lectura en nenos e novos. Unhas propostas son adaptacións de xogos coñecidos, outras son orixinais; todas foron ideadas pola autora e experimentadas no seu quefacer diario.

Os 114 xogos ofrecidos están organizados en sete capítulos: Xogamos coas palabras, Xogamos cos libros, Creamos historias, Xogos escritos, Contos para contar, Talleres de animación e Grandes xogos.




Animar á lectura xogando

DIDACTICAS PRACTICO-LUDICAS DA LINGUAXE
ISBN: 978-84-9842-0203
Editorial CCS
COLECCIÓN: MATERIAIS PARA EDUCADORES
PÁXINAS: 156
NÚMERO DA EDICIÓN: 1ª

Este libro xorde coa idea de motivar á lectura cun enfoque lúdico e práctico á vez. Variados xogos de letras, palabras e típicos pasatiempos pretenden entreter e achegar o vocabulario ao neno de forma orixinal e divertida, co único fin de animalos a ler.

Son propostas individuais, orixinais e novedosas que se suscitan para ocupar o tempo libre do neno. Os xogos escritos ou falados teñen como obxectivo reforzar e enriquecer os contidos do currículo escolar.

Cada xogo segue un mesmo esquema de descrición, dificultade, desenvolvemento e exemplo. Son actividades para a estimulación da linguaxe oral e escrito, para ampliar o vocabulario, a comprensión e expresión de xeito natural e cotiá. Xogos que se poden adaptar e modificar segundo as necesidades dos nenos, a proposta do educador.



Non sei xogar ao escondite

ISBN: 978-84-8316-7434
Editorial CCS
COLECCIÓN: ESCENA E FESTA
PÁXINAS: 72
NÚMERO DA EDICIÓN: 1ª

Tres contos de teatro infantil: Non sei xogar ao escondite, Á caida do sol, En busca dun novo fogar. Escritos e dramatizados por Mª Jesús Otero e Enrique Culebras.

Non sei xogar ao escondite: é a historia dun pato que vive nunha granja xunto con outros animais. A convivencia, os sentimentos, a relación entre eles e o xogo como elemento principal, son a base deste divertido conto de teatro infantil. Para pícaros a partir de 3 anos, actores a partir de 6 anos e con 5 personaxes principais.

Á caida do Sol: Unha reflexión sobre o denominado "rei" da selva. Un león de carácter algo difícil é un dos protagonistas desta obra na que os animais salvaxes divírtense xuntos nun acontecemento no que todos participan e que, por un momento, failles a todos iguais. Dirixida a un público a partir de 6 anos, actores a partir de 8 anos e con 9 personaxes principais e os que se crea oportuno como secundarios.

En busca dun novo fogar: a tortuga Enriqueta tivo que abandonar o bosque por mor dun terrible incendio provocado polos humanos. Esta circunstancia obrígaa a buscar un novo fogar. Nos seus peripecias coñecerá a extravagantes personaxes que, convertidos en novos amigos, aceptarana e faranlle máis fácil integrarse no seu novo hábitat. Para pícaros a partir de 8 anos, con actores pícaros e pícaras a partir de 10 anos. Este conto xoga con expresións, xiros, rapidez de linguaxe, tics e tons de voz que darán personalidade aos 10 personaxes protagonistas.